Un Betanzos de cine
Do Alfonseti ao Lar de Unta.
Nace o Cine Clube de Betanzos.
Betanzos ten a honra de contar coa sala de cine en funcionamento máis antiga do estado, o cine Alfonseti, un fermoso templo cargado de história para aqueles que gostamos das artes audiovisuais, coa sorte, ademáis’ de ter recuperado melloras das versoóns técnicas para as proxeccións coa axuda da Deputación Provincial da Coruña. O concello ten retomado a programación de filmes no vello cine con un programa de cintas premiadas cos Oscars de Hollywood e algunhas películas infantís. O Alfonseti é tamén a sede da mostra anual que se fai adicada a algúns/as famos@s realizadores/as ou actores/as e tamén algún que outro acto institucional. Os meus parabéns pola recuperación da actividade para a que foi concebido o Alfonseti independentemente da análise concreta da programación ( por algo se comenza). É sempre saudábel que un concelho conte con um cinema público si éste ten a posibilidade de facer algunha programación alternativa ao cinema comercial (fundamentalmente norteamericano) que inunda os cines privados dos centros comerciais e de ocio das grandes cidades, aínda que ese papel non o enche aínda Betanzos. O cinema está na prática circunscrito a centros de ocio e comércio sendo cada día máis dificil a supervivencia en vilas e barrios das salas de cine. Pero en numerosas cidades e vilas galegas está a reviver un fenómeno alternativo: os clubes de cinema ou cine clubes, que proxectan ciclos de filmes de países europeos, africanos ou de Sudamérica, cinema de autor e novos proxectos de cinema galego, coloquios, xornadas e mesmo mostras que dan a coñecer outro mundo audiovisual fóra da grande industria de consumo de masas. Na rede galega de cine clubes, moitos deles asociados a FECIGA (Federação de Cine Clubes de Galiza), coexistem propostas de éxito como o Cine Clube Padre Feijoo de Ourense cprconoxectos máis humildes pero de grande orixinalidade como o Cinema Palleiriso nunha aldea de Chantada ou con outras en vilas como Bueu, Sarria, Vilagarcía ou os moi activos de Compostela entre unha numerosa listaxe ao longo do país.
E Betanzos non vai ser menos. A Asociación Gastronómica, Cultural, Deportiva e Xuvenil LAR DE UNTA ven de anunciar a constitución no seu fermoso local’ do Cine Clube co seu mesmo nome e que inaugurará as prkxeccións o día 28 de setembro ás 21:00 coa estrea do filme ESTRUCTURAS, PEL CONTRA PEL de Xosé Antón Bocixa e Paco Gallego, que estarán na estrea dentro do ciclo “CINEMA DAQUÍ” que traerá polo Lar filmes de realizadores galegos como o polifacético Xurxo Souto, Marcos Nine, Eduardo Maragoto, Cibrán Tenreiro ou também dos premiados internacionalmente Lois Patiño ou Eloi Enciso entre outros, ou o produtor Felipe Laxe ademáis de contar nas proxeccións cos próprios diretores, actores ou produtores para colóquios co público. En resume, un cine clube ao máis puro estilo clásico que é moito de agradecer nestes tempos nos que semella que tamén no cinema todo está globalizado, e nos que os cine clubes supoñen unha alternativa cultural e artística revolucionária cando o cinema, en palabras de Oliver Laxe, está convertir en zombies ao público. Tralo ciclo de novos criadores galegos virán outros por temáticas ou países, versións orixinais, pases infantís ou ocasionais coincidentes con celebracións e temáticas tradicionáis.
Unha sorte de ideia que ao contrário de competir coa programación municipal, complementaa e reforza a oferta cultural em Betanzos e mesmo pontualmente poderán (para ben da veciñanza) colaborar nalgunhas propostas. As actividades do cine clube Lar de Unta serán gratuítas, aspecto este que non é fundamental pero que axuda a animarse a desfrutar dum cinema que non será posibel ou dificilmente visionar noutro lugar máis cercano. Aproveito para saudar esta fermosa iniciativa e parabenizar ao Lar de Unta que ten collido folgos para trasladarnos suxerentes propostas culturais desta asociación que forma parte da história recente da cidade de Betanzos. Vémonos o día 28 no Lar de Unta, no corazno do casco histórico dun Betanzos de cine!!!
Relacionado
Etiquetas: artigos, asociacións, cine, cinema, colaboracións, opinións