Podo visitar á familia? Ir á casa da aldea? Respostas ás dubidas sobre o que está permitido na Fase 1

Podo ir á miña outra residencia na fase 1 se está na miña provincia? A resposta á cuestión é si, aínda que nun primeiro momento o Goberno de España decidira que esta clase de desprazamentos non se contemplarían nesta primeira fase da desescalada e que sería na fase 2 cando se podería viaxar á segunda residencia, finalmente produciuse unha rectificación.

Os máis beneficiados por esta situación serán os estudantes universitarios que, a raíz do estado de alarma, tiveron que deixar os seus apuntamentos ou material de estudo nas súas residencias de estudantes ou universitarias. Agora poderán recuperalos para afrontar o fin de curso.

Estas son outras das actividades permitidas a partir de hoxe luns coa entrada en vigor da Fase 1:

– O teletraballo sempre que sexa posible.

– Reunións dun máximo de 10 persoas.

– Reapertura ao público de todos establecementos, pequenos locais comerciais e de actividades servizos profesionais con superficie igual ou inferior a 400 menos cadrados e unha limitación de aforo do 30 por cento. Deberase habilitar un horario especial para persoas maiores de 65 anos.

– Os Concellos poden decidir a apertura de mercados ao aire libre a un máximo do 25 por cento dos postos que tiñan autorizados con anterioridade.

– Reapertura de terrazas ao aire libre. As mesas deberán ser un 50 por cento menos das autorizadas o ano anterior, cun máximo de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas.

– Reapertura de bibliotecas e museos con limitación de actividades e aforo.

– Reapertura de hoteis e establecementos turísticos, a condición de que as zonas comúns permanezan pechadas. – Permítense actividades de turismo activo e de natureza en grupos de ata dez persoas.

Respostas a algunhas das dúbidas máis comúns

As reunións de ata 10 persoas pódense facer en vivendas? Si, non hai limitación de lugar de reunión.

Segue vixente a diferenciación de núcleos de máis ou menos 5000 habitantes para as franxas horarias? Segue vixente Mantéñense as franxas de paseo de 6 h a 10 h e de 20 h a 23 h? Si, mantéñense as franxas nos núcleos de máis de 5000 habitantes.

As restricións de exercicio e un 1 quilómetro mantéñense? si, as restriccións dun quilómetro mantéñense para camiñar ou facer deporte.

A mobilidade en vehículo privado entre municipios da mesma provincia debe estar xustificada? En principio non.

Pódense desprazar por traballo máis de 80Km entre provincias e CCAA? por motivos laborais pódese viaxar por todo o territorio do Estado.

As reunións de ata 10 pax teñen que ser do mesmo municipio ou poden ser de diferentes municipios dentro da mesma provincia? non se limita a procedencia dentro do mesmo territorio.

Pódese visitar a un familiar, que non sexa vulnerable, noutro municipio do teu mesma provincia? En calquera horario? Si, a limitación é para os grupos vulnerables.

E xuntarme cos meus amigos nun parque ou facer un churrasco? Coas medidas de protección de distancia, si.