Cando teño que poñer máscara?

Desde o pasado domingo é obrigatorio que toda persoa maior de seis anos porte máscara cubrindo dende o tabique nasal ata ao queixo inclusive. En todo momento, tanto na vía pública, ao aire libre, espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade (1,5 metros) e por descontado en todos os medios de transporte.

A orde da Xunta establece que o deporte federado, colectivos de espectáculos, centros educativos seguirán protocolos específicos. As excepcións a esta obrigatoriedade son taxadas:

  • Persoas con enfermidade respiratoria, discapacidade ou dependencia, alteracións de conduta o sen autonomía para quitar a máscara
  • Turismos ocupados por convivintes no mesmo domicilio.
  • Nas praias e piscinas, durante o baño e quedo nun espazo sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal
  • Hostalaría e restauración: unicamente no intre mesmo do consumo
  •  Camarotes e cartos de establecementos turísticos: cando unicamente se atopen neles os convivintes
  • Exercizo individual ao aire libre, sempre que poida garantirse a distancia de 2 METROS‼️
  • Actividade física en instalacións durante a realización e con distancia de seguridade interpersoal
  • Forza maior o actividades incompatibles.

Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara se hai persoas non conviventes, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal. A FEGAMP ten publicado unha guía sobre estas disposicións.

Que máscara poñer? Aquí explicábamoscho.