Xoel Folgueiras adestrará ao Santo Domingo a vindeira tempada

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

Xoel Folgueiras Arias (Sarria, 16/12/1995) pasa a ser o adestrador do Santo Domingo na súa vindeira tempada na EBA Bronce. Foi adestrador asistente primeiro de Iván Villaverde e a pasada tempada con Oscar Fernández, que deixou o banco do Carregal por motivos persoais.