Un milleiro de persoas tomaron parte na San Silvestre

Unha carreira popular na Galera. Imaxe de Amigos do Casco

David Alonso Nogueira, cun tempo de 16:21, proclamouse vencedor en categoría absoluta masculina na III San Silvestre, que partiu o pasado 31 na Praza do Concello. Cun tempo de 18:07, Paula Mayobre foi a vencedora absoluta na categoría feminina.

En total case un milleiro de persoas tomaron parte deste evento organizado polo Concello e o clube As Vellas Non Paramos, que tiña tamén unha modalidade andaina.