Terceiro posto no selectivo para o Mundial para Iván Fernández

Efectivos de Protección Civil nunha proba deportiva. Imaxe do facebook de Protección Civil

O padexeiro do Ría de Betanzos Iván Fernández,a pesar de ser o favorito, quedou finalmente sen praza tras quedar terceiro na final do K1 200 metros en Verducido (Pontevedra) no campionato selectivo para o Mundial sub 23.

O betanceiro aínda terá outra oportunidade no K1 500 metros para conseguir o obxectivo. Hai dous meses que o seu compañeiro de equipo Carlos Arévalo foi o gran protagonista do selectivo sénior, sorprendendo ao campión do mundo de 200 metros e entrando na loita por unha praza para o k4 olímpico.