Suspendidos os encontros de fútbol en categorías inferiores polo coroavirus

A Real Federación Galega de Fútbol comunica que quedan suspendidas todas as competicións de ámbito galego de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico durante as dúas próximas semanas. Trátase de medidas de prevención de contaxio do coroavirus, pretendendo establecer unha profilaxe que evite a expansión entre os máis novos.