Sae o quinto e último salmón do Mandeo

Un salmón do Mandeo. Foto da Sociedade de Pescadores

Cun peso na balanza de 4,8 kg e 76 cm foi capturado, a cebo natural, o quinto e último salmón do cupo do Mandeo o pasado 22 de xuño. O pescador foi o mesmo que levantou hai uns días o cuarto exemplar.

O río queda agora pechado ao salmón, se ben os afeccionados á pesca poden seguir tentando a sorte co reo ata o 30 de setembro e a troita ata que remate o mes de xullo.