Recital goleador do Betanzos C.F. ante unha mermada UD Carral

Un encontro do Betanzos como local

Traía baixas de entidade a UD Carral para a súa visita ao García Irmáns e resentiuse. O Betanzos C.F. endosou cinco tantos aos carraleses, dominando o encontro de principio a fin e sen dar opcións a conxunto visitante.

O encontro foi de cor local de principio a fin e deixa ao Betanzos C.F. coa mesma distancia do líder que traía da xornada anterior, 12 puntos.