Raúl García de Mateos, do equipo Cortizo, gaña a Volta á Provincia

Ciclistas ante o Pasatempo. Foto do Club Ciclista

Raúl García de Mateos, do equipo Cortizo, gañou hoxe en Sigüeiro a XVIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña, despois de tres etapas e un percorrido que comezou o venres nas Pontes. O segundo posto foi para Jorge Bueno e o terceiro para Mario Vilches.

A etapa final comezou e rematou en Sigüeiro, gañouna o ciclista luso Joao Fernándes nun disputado sprint.

Iván Martínez conquistou o mailló da Montaña e o portugués Joao Fernandes o das metas volantes ‘Gran Premio de Oroso’. O primeiro galego da volta foi Samuel Blanco e o líder sub 23 Mario Vilches. Kuota Construcciones Paulino rematou líder na clasificación por equipos.

A entrega de premios contou coa asistencia do alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e do deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira Piñeiro, que felicitou aos gañadores e aos responsables da Federación Galega de Ciclismo pola organización do evento, que este ano tivo as súas etapas nas Pontes, Muros e Oroso.