Presentan o IV San Roque de ciclismo

Un intre da presentación

Onte a alcaldesa de Betanzos, María Barral, o concelleiro de Deportes, Andrés Hermida e a concelleira de Festas, Ángeles Veiga,  presentaron o IV Trofeo San Roque de Ciclismo xunto a unha representación do Clube Ciclista Betanzos, organizador da proba.

Destacaron que nesta edición participarán máis de 20 clubes de todo o país, con máis de 60 deportistas inscritos en categoría máster, e máis de 200 nas categorías escola e cadete.