Por 2 a 3 o Betanzos C.F. imponse en Carral

Un encontro do Betanzos como local

A UD Carral perdeu na casa contra o Betanzos C.F. no encontro da sétima xornada de Primeira Rexional, grupo A Coruña-Ferrol. Os locais adiantáronse cando non ían nin 10 minutos de xogo pero os betanceiros restableceron as táboas inaugurais no minuto 37. Á volta dos vestiarios os locais volveron adiantarse, e apenas dez minutos logo os visitantes volveron restaurar o empate no marcador.

O definitivo 2-3 que deu a victoria ao Betanzos C.F. chegou no último cuarto de hora. Ata sete cartóns amarelos tivo que amosar o colexiado, tres para os locais e catro para o Betanzos C.F.

O resultado mantén ao Betanzos C.F. na terceira posición, con 17 puntos, tantos como o segundo clasificado, o Victoria C.F. Segue líder, cun máis, a SD Ordes. Os betanceiros recibirán esta fin de semana ao Eume Deportivo, sexto.