Os Pescadores do Mandeo elixen novo presidente

Un salmón do Mandeo. Foto da Sociedade de Pescadores

Tras vinte anos á fronte da Sociedad de Pesca Río Mandeo, Antón Cotos dá un paso atrás. Juan Manuel Pérez Muíño é xa o novo responsable desta entidade que agrupa a 150 afeccionados ao sedal da nosa comarca e que, entre outras cousas, xestiona o couto de Chelo, en Coirós.

Prepáranse xa para a próxima tempada de pesca, mentres o Mandeo baixa especialmente cheo grazas aos temporais, arrastrando numerosas árbores ata o casco urbano de Betanzos.