O xogo limpo devolve a Preferente ao Betanzos C.F.

Un encontro do Betanzos como local

O Betanzos C.F. fixo público onte a través das redes sociais o seu retorno á Rexional Preferente, tras varias campañas en Primeira Autonómica. Cando a pandemia da covid-19 obrigou a suspender a tempada, o conxunto do Carregal marchaba segundo na clasificación, ocupando un dos postos que daba lugar aos play off de ascenso.

Onte a Real Federación Galega de Fútbol decidiu dar por finalizada a tempada e recoñecer os campionatos, ascensos e demais circunstancias da competición ligueira. O líder ascendeu, por ocupar unha praza de ascenso directo, e a Federación decidiu repartir as prazas que terían que terse desputado nos play off en base a criterios deportivos.

Así, o fair play do Betanzos C.F. resultou decisivo, ao ser o equipo co xogo máis limpo, a comisión delegada deulle o pase a Preferente, que segundo o clube era o obxectivo para a tempada.