O XI Campus de Verán do Santo Domingo arrinca o 24 de xuño

O Santo Domingo sub22 co seu cadro técnico

Do 24 ao 29 de xuño, en horario de 9 a 14 horas, o Santo Domingo celebra o seu XI Campus de Verán. Está orientado a nenos e nenas desde os 5 aos 15 anos, coa intención de que poidan aprender e mellorar o seu baloncesto, gozar de diferentes actividades de lecer, visitar o Aquapark de Cerceda.

O campus rematará o sábado 29 coa celebración na praza do Campo do 3×3 streetball. Como sempre, todos os xogadores do clube, escolas vinculadas e abonados do Clube gozarán de descontos, e para as familias hai unha cota reducida ao 50 % para os sucesivos irmáns.

“Teremos bus gratuíto desde Miño, Bergondo e Sada, e como tamén é tradicional, roupa oficial do campus, tentempié de media mañá, e SRC” explican desde a entidade.

Para inscribirse poderá cubrirse a solicitude nas tendas TODODEPORTE en Betanzos e Sada, así como á secretaría do CEIP Vales Villamarín e ao ANPA de Mondego, ou ben imprimir do web da entidade o formulario e remitilo escaneado a infoARROBAsantodomingobetanzos.com xunto con copia da tarxeta sanitaria e resgardo de pago bancario.

As inscricións rematarán o 21 de xuño e as prazas asignaranse por orde de inscrición.