O VII Trail do Mandeo celebrarase o 15 de setembro

A carreira 7º TRAIL TERRAS DO MANDEO terá lugar o 15 de Setembro de 2019, con saída e meta na betanceira Praza do Concello. A proba contará con  dúas distancias executadas no mesmo circuíto, a de trail, de 20 km aproximadamente e con 1900 metros de desnivel acumulado, e a de trail curto, de 13 km con 700 m desnivel acumulado.

Ademais, haberá posibilidade de facelo en modalidade andaina, en 13 km e 700 m de desnivel e versión kids.

O circuito, circular, será en terreo de monte, excepto os primeiros e
últimos 1.000 m. e algún tramo en Paderne e Coirós, que
transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas peonís. En ocasións cruzaranse estradas e dispoñerase de persoal para regular o tráfico nos cruzamentos urbanos e nos rurais. Publicaranse os perfís da carreira antes da súa celebración. Facilitarase a información necesaria a través de redes sociais e web. Todo o percorrido atoparase balizado con cintas e Banderillas de cores facilmente visibles, que se acompañarán con marcas e frechas en cruces de camiños.

Os corredores participasen de maneira individual, debendo
completar cada un deles a totalidade do percorrido. A cronometraxe realizarase por medio de chip. Non se reservarán prazas para ningunha das dúas modalidades.

O Concello de Betanzos poñerá ao dispor dos participantes no 7º TRAIL TERRAS DO MANDEO un servizo de duchas no CEIP Francisco Vales Villamarin. Para máis información e inscricións os organizadores, o Club As Vellas Non Paramos, facilitan un web.