O Troula remonta ante o Guitiriz e forza as táboas

Un momento dun partido do Troula

En teoría era un encontro asequible a desputar entre un equipo da zona alta da táboa, o Troula, quinto, e un da zona baixa, o Guitiriz, quinto pola cola.

Mais o Troula non conseguiu pasar do empate, a seis, na súa visita ao concello lucense. E grazas. Porque comezou perdendo nun mal partido que non foi quen de dominar en ningún momento.

Logo dunha mala primeira parte, os betanceiros conseguiron remontar na segunda ata recuperar as táboas iniciais.