O Troula perde en Sarria e cae á 11 posición da táboa

Un momento dun partido do Troula

O Troula F.S. perdeu a pasada fin de semana por 5 a 2 ante o Os Meigallos nun mal encontro dos betanceiros. Os visitantes non crearon moito perigo para a meta sarriá, mentres que o equipo local dispuxo durante a maior parte do tempo da posesión do balón e de moitas máis ocasións de perigo.

Con este resultado, o conxunto das Cascas suma só 4 puntos cando van desputadas 5 xornadas, o que os sitúa de 11.