O Troula imponse ao Clube do Mar de San Amaro

Un momento dun partido do Troula

Partido repleto de goles o desputado a pasada fin de semana entre o Troula FS e o Clube do Mar. Unha ducia de tantos subiron ao marcador do pavillón municipal betanceiro no encontro correspondente á vixesimoprimeira xornada do campionato da regularidade.

O conxunto betanceiro abriu marcador no primeiro minuto de xogo e chegaría a tres tantos sobre cero no primeiro cuarto de hora. Os coruñeses reaxiron á tromba local acurtando distancias, mais non lograron xa repoñer a igualada inicial e o Troula levouse os tres puntos.

Con 42 puntos tras este encontro, o Troula FS é quinto clasificado, a un punto do cuarto e nove do terceiro. Esta semana medirase ao líder da clasificación, Unión GR9.