O Troula F.S. e o Viaxes Amarelle asinan un acordo de colaboración

Un momento dun partido do Troula

O Troula F.S. chegou a un acordo co Viaxes Amarelle F.S, que actualmente milita na primeira división feminina, para que as promesas da entidade betanceira poidan ter proxección no equipo coruñés. Dentro do acordo asinado por ambos os clubs, o principal punto é para dar cobertura ao Troula Betanzos FS na captación de nenas de Betanzos e a súa comarca, e poder dotar ao club betanceiro dunha base sólida en categorías femininas.

Para conseguir lograr tal punto, o Viaxes Amarelle FSF dotará dos recursos necesarios ao Troula Betanzos FSF; á vez que se realizarán charlas conxuntas en diferentes colexios da comarca e área de influencia de Betanzos. Á vez de que xogadoras e corpo técnico das herculinas participasen en adestramentos puntuais do Troula Betanzos FSF.

Ademais de que queda aberta a porta a que algunhas xogadoras herculinas pasen a realizar labores de monitoras de fútbol sala na base do Troula Betanzos FS; así como ábrese a porta a que varias xogadoras do conxunto betanceiro poidan realizar a pretemporada co conxunto herculino de Primeira División Nacional Feminina FS.

Ademais coa intención de dotar de repercusión e facer crecer o fútbol sala feminino, ambas as entidades comprométense a traballar de forma conxunta para a realización de diferentes eventos; tales como poden ser torneos, campus, charlas, accións formativas, etcétera.

Desde ambos os clubs esperan que sexa un inicio a un proxecto a longo prazo, que xere sinerxias e faga crecer o fútbol sala feminino nas comarcas de Coruña e Betanzos nos próximos anos.