
Un momento dun partido do Troula
Nas últimas horas a Real Federación Galega de Fútbol comunicou ao Troula F.S. o ascenso do seu equipo senior masculino a 3ª división de fútbol sala. A entidade das Cascas retorna así á categoría en que competiu por última vez na tempada 2014/2015, quedando en 7ª posición.
Logo daquela campaña, o Troula F.S. solicitara o descenso de categoría por non ter a suficiente estabilidade económica para afrontar outra tempada nesa categoría. Agora todo o clube afronta o reto coa máxima ilusión.