O Santo Domingo volveu onte aos adestramentos

O equipo junior do Santo Domingo campión de Copa. Foto do clube

Coa campaña finalizada e un ano máis na categoría de bronce, o Santo Domingo informou de que onte mesmo reanudou os adestramentos dos seus equipos. As sesións “axustranse rigorosamente á normativa sanitaria vixente e terán lugar nas pistas exteriores anexas ao municipal reservadas, desinfectadas e acondicionadas para ese efecto polo Concello de Betanzos” destaca nun comunicado.

“Os adestradores respectivos, así como os medios habituais de comunicación do clube, dispoñen de toda a información relativa a estes adestramentos” indica a entidade.