O Santo Domingo volve á liga este domingo no Carregal ante o Estudiantes de Lugo

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O primeiro equipo do Santo Domingo volve á competición da regularidade nun encontro con exixencias. O inicio da nova campaña en EBA bronce colle ao conxunto betanceiro como local, pero enfrontándose a un dos grandes equipos da categoría que semella terlle collida a medida ao Santo Domingo: o filial lucense, o Estudiantes.

A cita será o domingo ás cinco da tarde no pavillón municipal do Carregal. Tras o EBA, debutan o equipo senior feminino, xusto a continuación.