O Santo Domingo vence ao Basket Xiria Calvo por 85 a 76

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

Cun determinante partido de Marcos Rozas, pivot betanceiro provinte precisamente do conxunto bergantiñán, o Santo Dominvo venceu por 85 a 76 ao Basket Xiria Calvo. Os carballeses tiveron en Senghor ao seu maior anotador, con 25 puntos, pero nada puido facer fronte á tarde de inspiración de rozas, que sumou 27 puntos para o Santo Domingo e foi o mellor do encontro.

Malia o papel do pivot, o encontro foi bastante igualado. O segundo cuarto, de feito, foi para os visitantes cun parcial de 20 a 23, que non foi abondo para arrepoñerse á vantaxe lograda polos locais no primeiro cuarto e que o Santo Domingo mantería ata o final do encontro. Un gran terceiro cuarto resultou fulcral para a victoria do Santo Domingo ante a súa parroquia na reanudación do campionato tras o descanso de Nadal.

Os betanceiros, que marchan décimos, mediranse ao líder na vindeira xornada.