O Santo Domingo perde en Salamanca por 97-86

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Partido desputado en terras salmantinas o domingo pola mañá, contaba o Santo Domingo coas baixas por diferentes motivos persoais de Samuel, Goyanes e Dani, levando convocado por primeira vez o mozo Pablo Sanjurjo, de 16 anos. Empezou o partido con acerto e ritmo por parte do Carbajosa, mentres que o conxunto galego entrou frío e fallando os seus primeiros tiros e concedendo canastras rápidas viuse pronto cunha diferenza en contra de 14 puntos durante o primeiro cuarto. Aos poucos foi entrando en partido, e con acerto exterior, primeiro, e cun maior rigor defensivo e control do balón en ataque, despois, empezouse a enjugar a diferenza, chegando en empate ao finalizar o primeiro cuarto.

Durante o segundo cuarto persistiu o acerto exterior do Santo Domingo, pero pola contra víase moi castigado cada vez que había unha perda ou en accións de rebote ofensivo, que permitía ao Carbajosa manterse en partido cando o Santo Domingo ameazaba con estirar a diferenza (38-45). Deste xeito, chegouse ao descanso con 45-47. Partido igualado e moitísimo ritmo.

Na segunda metade mantívose a igualdade no marcador, o rival seguía anotando desde o rebote ofensivo mentres que o Santo Domingo atopaba as súas vantaxes desde accións de Thomas ben para finalizar ou ben para asistir. Neste terceiro cuarto empezou a facer mella o cansazo na curta rotación do Santo, que comezou a baixar o seu acerto desde o perímetro. Chegábase así ao último acto con todo por decidir, 66-67.

Durante o último cuarto chegaron os mellores momentos do rival, que engadiu ao dano desde as transicións rápidas e o rebote ofensivo agora o tiro exterior. Isto permitiu empezar a abrir diferenzas, con 80-72 a falta de 3 minutos. Un triplo máis falta no rebote permitiu ao Santo Domingo poñerse nuevamente a 3 puntos, pero a aparición de Gabriel Román cunha acción de 2 1 e un triplo, volveu estirar a diferenza e malia que o equipo betanceirp seguiu anotando, non conseguiu recortar xa que o rival volveu castigar desde o triplo, deixando a diferenza en 7 puntos, o que permite manter o average particular.

Quedan 5 finais a partir de agora, a primeira, o domingo ás 17 fronte ao Rosalía no Carregal.