O Santo Domingo lanza #videpaonoso, a nova campaña de abonos

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo lanza unha nova campaña de captación de abonos para afrontar a que xa é a súa sétima tempada na EBA. “Este ano o Santo afronta ademais desta sétima tempada un reto maior, ao poder poñer en marcha por fin todos os equipos femininos de todas as categorías de infantil a senior. O Clube ademais, sacará á competición 3 equipos infantís, 2 cadetes, 2 junior e 4 senior, a máis diso todas as nosas escolas formativas” salientan desde o clube.

A fin de soportar economicamente este esforzo deportivo, a entidade ven de presentar #videpaonoso, unha campaña de captación de abonados. “O carné de Abonado, por 25 Euros, darache acceso a todos os partidos da liga EBA, a máis diso os descontos en diferentes colaboradores e actividades que o Clube organice” explican desde o Santo Domingo.

Dúas incorporacións ao primeiro equipo

O Santo Domingo contará con dúas incorporacións para a nova campaña, Luke Gibson e Jorge Abelleira. Toda a plantilla renovou un ano máis, fóra da marcha de Abdou ao Basquet Coruña, buscando avanzar na súa carreira profesional.

A entidade informa, ademais, de que xa empezaron os adestramentos do U22 e os equipos implicados en fases de ascenso que debutaron onte.