O Santo Domingo imponse por 104 a 96 ao Porriño

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto do clube

Importante vitoria na prórroga do Santo Domingo nnun partido onde os ataques impuxéronse claramente ás defensas. Tras un primeiro cuarto de cor visitante onde os locais non eran capaces de controlar aos tiradores, o equipo aperta liñas defensivas e aos poucos vai recuperando terreo no marcador ata irse cun punto de vantaxe ao descanso.

A segunda parte é de clara cor local pero sen que as vantaxes cheguen a pasar nunca os 7-8 puntos. O Santo Domingo fai valer a súa vantaxe na pintura e castiga no rebote ofensivo, mentres os pontevedreses aguantan da man dos triplos de Cabaleiro e Domínguez. Con todo, o Santo Domingo dilapida unha vantaxe de 6 puntos a falta de 43 segundos e Porriño manda o partido á prórroga con dous triplos.

Na prórroga o Santo Domingo refaise e esta vez si certifica o partido desde os tiros libres.

Importante vitoria que afasta os postos de descenso e coloca a Santo Domingo na novena posición da clasificación. O proximo partido será o sábado ás 20:30 en terras salmantinas, fronte a un Usal La Antigua que marcha xusto encima na táboa cun balance de 7-9.