O Santo Domingo feminino acaba a liga con derrota en Redondela

Un encontro do Santo Domingo feminino

Por 69 a 59 cae o Santo Domingo feminino ante o Redondela no último partido da tempada. Con numerosas baixas e lesións chegaban só 6 xogadoras betanceiras a desputar un partido complicado, perdendo de 2 a semana pasada.

Aínda así, moitísimo esforzo entraban as betanceiras no partido con ganas alternando bos ataques e defensas indo parellos no marcador os dous equipos. No segundo cuarto alternábanse as perdas de balón, malos pases tras presión de ambos equipos que xeraban canastras fáciles.

Chegaba o descanso a menos de 10 puntos e con todo de cara, e froito diso, no terceiro cuarto impoñíase o conxunto visitante un parcial de 0-8 que metía de cheo ao Santo Domingo na loita polo partido. Xa no último cuarto, as forzas escaseaban e cargadas de faltas con xa só 5 xogadoras dispoñibles o cansazo se cara a notar e as de Redondela afastábanse paulatinanente.

No último minuto do partido e con 6 puntos de diferenza se pita unha técnica fóra de lugar que castiga ao Santo Domingo. Sucédense as faltas nun último esforzo por achegarse pero chegamos ao final cun resultado de 69-59.