O Santo Domingo cae por dez puntos de diferencia ante o filial do Obradoiro

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

Por 83 a 93 escapóuselle a victoria no Carregal ao Santo Domingo, que se batía ao Obradoiro Silleda, o filial do conxunto compostelano. A boa actividade defensiva traducíase en canastras fáciles tras perdas de balón dos locais.

A segunda metade foi para os locais. O Santo Domingo subiu o seu nivel defensivo e plantou cara en ataque de maneira máis ordenada, de forma que conseguiu recortar diferenzas. Os visitantes administraron a súa renda e a pesar da gran segunda parte dos betanceiros, mantiveron a vantaxe.