O Santo Domingo cae no Carregal ante o Obradoiro Silleda

Un lance nun partido do Santo Domingo como local. Foto de arquivo do clube

Por dez puntos de diferencia caeu o Santo Domingo na polideportiva do Carregal ante o Obradoiro Silleda, filial do conxunto picheleiro. Os composteláns seguen segundos na táboa tras impoñerse por 73 a 83 ao conxunto betanceiro.

A primeira metade do encontro foi de tuteo entre ambos conxuntos, que alternaron opcións e anotacións ata chegar ao vestiario cun apretado 39-40 que deixaba o partido aberto para a segunda metade. Esta xa sería para o conxunto visitante, se ben o Santo Domingo non afrouxou en ningún momento do encontro.

A vindeira xornada o Santo Domingo terá descanso. Máis tempo para preparar a seguinte cita.