O Santo Domingo cae na primeira xornada ligueira en Silleda ante o Obradoiro

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal. Foto de arquivo.

Ansiada reestrea na EBA o pasado domingo para o Santo Domingo. O conxunto betanceiro desprazábase a Silleda para medirse ao Obradoiro Silleda. Os locais marcaron pronto distancia no marcador, finalizando o primeiro cuarto cun parcial de 31-19 parecía achandarlles o camiño cara a un choque tranquilo.

Mais o Santo Domingo estaba decidido a non deixarse pasar por riba e recurtou distancia ata igualar o encontro, de forma que na recta final os betanceiros restablecían a igualada inicial, mais sen conseguir apertar o suficiente o marcador como para forzar un final igualado, quedándose a vitoria finalmente en casa de Obradoiro por un igualado 78 a 70.