O Santo DOmingo cae en Zamora por sete puntos

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo chegaou a pasada fin de semana a Zamora coa ilusión de conseguir a segunda vitoria consecutiva contra un dos líderes do grupo. O equipo saía moi enchufado e durante o primeiro cuarto o noso equipo mantíñase por encima no marcador en gran parte dos 10 minutos, pero un par de canastras consecutivas dos xogadores de Innova facía conseguir a estes unha vantaxe de 1 punto ao final do cuarto para os de Zamora.

Chega o segundo cuarto e con el, o baixón no xogo do conxunto galego, ermitindo aos casteláns conseguir unha vantaxe de 11 puntos nun cuarto onde anotaban con facilidade, mentres que os do Santo Domingo atascábanse en ataque e non conseguían xogar con dinamismo, resultado ao final da primeira parte 41 – 29.

Tras o paso polos vestiarios os de Betanzos conseguían baixar a diferenza a 6 puntos xogando con alegría en ataque e conseguindo anotar canastras preto do aro con facilidade, pero noutro empuxón dos de Innova Chef a diferenza mantíñana nunha vantaxe de 11 puntos.

Un gran último cuarto dos betanceiros metía ao equipo no partido de novo, colocándose a falta de 3 minutos a tan só 3 puntos de distancia. Uns últimos minutos onde 2 triplos dos zamoranos facían moito dano aos nosos, sumado á falta de acerto que deixaba o marcador no 79-72 final.

A próxima fin de semana chega outro dos partidos máis importantes do ano contra un rival directo. Será o domingo día 3 de marzo, ás 17.00 no Pavillón Municipal de Betanzos ante Narón que vén de gañar na casa ao Liberbank Oviedo.