O Santo Domingo cae en Xixón por 83 a 66

Foto do primeiro equipo do Santo Domingo. Imaxe do clube

Fin de semana de desprazamento para o Santo Domingo betanceiro para medirse, en Asturias, ao Gijón Basket na xornada da liga EBA. Os betanceiros caeron por 83 a 66 nun partido ao que sobrou o último cuarto.

O encontro rompeuse no terceiro parcial, cando o conxunto local marchaba ao descanso cunha decisiva vantaxe de 19 puntos por enriba. Xa durante ese cuarto os de Xixón administraron esforzos e tempos conscientes de que a fenda no electrónico resultaría, salvo debacle, decisiva.

Con todo, o Santo Domingo non achantou e buscou recurtar distancias no marcador e xusto nese terceiro cuarto ofreceron a súa mellor cara. Aínda sumarían 26 puntos no último parcial, contía que resultou finalmente insuficiente para acurtar distancias no marcador.