O Santo Domingo cae en Porriño por 83 a 64

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo volveu caer como visitante en Porriño, nun partido desputado no serán do pasado sábado en Porriño, onde o equipo local sempre adoita render a alto nivel levado polo aire por unha pavillón abarrotado. Empezou o Santo Domingo con acerto en ataque e pouca intensidade en defensa, nun primeiro cuarto cun tenteo elevadísimo por parte local, anotando ata 5 triplos e marcando as primeiras diferenzas 31-20).

No segundo acto, o equipo apertou as porcas e controlando algo máis o rebote defensivo, con moito acerto desde o perímetro con triplos de Fernando, Dani e Abelleira, o conxunto visitante logrou enxugar a diferenza e entrar novamente en partido antes do descanso (44-42).

O terceiro cuarto mantivo a igualdade, sempre con Porriño cunha lixeira vantaxe ao redor de 3-5 puntos, vivindo en parte dos múltiples rebotes ofensivos e de numerosos descoidos defensivos que permitían canastras fáciles en 5×5. O Santo Domingo perdía acerto desde o triplo e non atopaba ás súas referencias dentro da zona. Deste xeito, finalizou o cuarto con Porriño 6 arriba (59-53).

O último cuarto foi un calco do terceiro, con moitas segundas opcións por parte do Porriño e cunha boa defensa, impedindo moitas veces recibir preto do aro e con dobres e triplas axudas, evitaba que o Santo Domingo conseguise bos tiros e perdese moitos balóns por mala circulación de balón. Deste xeito, a falta de 3 minutos marchábanse 11 arriba. Co devandito marcador, o Santo Domingo baixou os brazos, encaixando un parcial de 8-0 que pechaba o marcador cun enganoso 83-64, reflexo do nivel de intensidade local, que pelexou cada acción ata que o cronómetro vencera o tempo regulamentario.