O Santo Domingo anunciou a posta en marcha da segunda edición das xornadas de tecnificación

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo anunciou a posta en marcha da segunda edición das xornadas de tecnificación, que terán lugar no pavillón municipal de Betanzos entre 6 e o 9 de abril de 2020. Está dirixido a todos os xogadores e xogadoras nacidos entre os anos 2002 e 2008.

O custo das Xornadas de Tecnificación Santo Domingo Betanzos é de 75€ que inclúe 2 camisetas das xornadas,  snack, froita, auga e todas as sesións de adestramento das devanditas xornadas. As persoas interesadas en inscribirse, poden facelo cubrindo o formulario que atoparán no web do Santo Domingo.