O Santo Domingo acada o subcampionato da liga sub22

Un equipo do Santo Domingo. Foto do clube

O Santo Domingo de Betanzos proclamouse subcampión da liga sub22 da FEGABA tras ser derrotado en casa polo Baloncesto Ponferrada na final.

Os betanceiros chegaban aos playoff da liga como segundos da xeral (tras gañar a primeira concentración en Santiago, descansado a segunda e quedando segundos na terceira), o que lles emparellaba coa canteira do Obradoiro en semifinais.

O Santo Domingo conseguiu superar a diferenza física con moito acerto exterior, destacando Roque neste apartado con 8 de 11 para 26 puntos, e tratando de subir o nivel de agresividade en pista defensiva. Finalmente tras un apertado partido os brancos impóñense por 89-84 e métense á final.

Unha final onde espera Ponferrada (único conxunto que gañou aos betanceiros en todo o torneo) e onde o poderío interior dos bercianos non permitiu aos locais levar a vitoria nun partido onde competiron aos últimos segundos 74-83.