O Santo Domingo acaba a liga con victoria e récord de caixa por Noel

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O partido entre o Santo Domingo Betanzos e o Porriño Baloncesto Basee pechaba a tempada 2018-2019, co gran incentivo de contribuír, ademais, á recadación de fondos para a investigación do meduloblastoma que padece o peuqeno Noel.

Nese obxetivo o clube contou coa colaboración da escola de baile Danzarte, que ofreceu unha actuación no descanso. Ao final, 2079€ recadados para a causa.

O partido en si non defraudou aos afeccionados locais. O Santo Domingo entrou moi metido en ataque, finalizando practicamente con anotación cada ataque, xa que os tiros fallados convertíanse en segundas oportunidades.

Xogando a partir de balóns a Marcos Rozas, 10 puntos neste cuarto, cando non finalizaba atopábanse con facilidade os tiradores liberados (5/6 en triplos no primeiro cuarto). Os mellores minutos deste cuarto foron para Will Pereiro, mostrándose especialmente incisivo en ataque con 8 puntos sen fallo e algunha acción que tan só a prolongada inactividade impediu que levantase ao público dos seus asentos.

O segundo cuarto iniciábase cunha vantaxe de 18 para o Santo Domingo e rapidamente parecía que quería resolver pola vía rápida. Con todo, unha pequena reacción visitante baixou a diferenza a 16 puntos, pero un novo refacho anotador do equipo local con protagonismo para Fer Vidal, que metía os seus primeiros puntos no Carregal esta tempada. Marcos Rozas seguía ao seu e finalizaba a primeira metade con 16 puntos. 56-29 ao descanso, partido aparentemente sentenciado.

E de feito así quería deixalo claro o Santo Domingo, estirando a diferenza próximo aos 40 puntos, con 2 triplos de Roque case consecutivos e un de Samuel, aínda que uns minutos de caos ofensivo, con numerosas perdas e malas decisións facilitou unha pequena reacción rival (71-39 tras un 0-7). Con todo os locais volverían tomar o control (76-42 ao final do cuarto).

O último cuarto serviu para rotar a todo o mundo e cada un buscou ter un pouquiño de protagonismo neste partido, así, Sanjurjo, inédito na anotación, terminou rubricando un triplo desde a esquina a pase de Thomas, o cal neste cuarto tentou poñer a nota de espectáculo con algunha finalización preto do aro. Finalizou o partido con triplos de Amir, Dani e Rozas, con algunha acción espectacular entre Pablo e Abdou para pechar o encontro cunha acción de Thomas que só a falta de Victor Alonso impediu poñer en pé á bancada.

Ao final, 108-53, marcador que supón a maior diferenza do clube en Liga EBA, nunha tempada que pecha con 11 vitorias, que supoñen a terceira mellor marca na historia na liga da entide betanceira.