O Sada C.F. vence ao Betanzos C.F. por dous a cero

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Partido igualado no primeiro tempo, sen ningunha ocasión de gol, o desputado o pasado domingo entre o Sada C.F. e o Betanzos C.F. Tras unha primeira parte de tuteo, o bo arranque local no segundo período traduciuse en dous goles. O primeiro, no 59 de xogo, nun erro dos centrais rojillos.

O segundo tanto chegaría no 73 de xogo, desde fóra da área. O tanto practicamente pechou o partido a pesar de que aínda restaba máis de media hora. O Sada defendeu ben e gañou con xustiza. Estivo moi frouxo o Betanzos C.F., practicamente sen xogo e cun só tiro a porta xa nos estertores do encontro.

O Betanzos C.F., con ese pobre bagaxe, sequera soubo aproveitar os cinco minutos finais nos que o Sada quedou cun xogador menos, tras unha extemporánea e gratuíta patada a un dos xogadores betanceiros. O resultado deixa ao Betanzos C.F. con 21 puntos, xa co cuarto a un só punto de distancia.

Esta fin de semana o Betanzos C.F. recibirá á S.D. Ordes, que volve marchar segunda.