O Ría de Betanzos faise co 3º posto no Descenso do Miño

Un padexeiro do CN Ría de Betanzos

Fin de semana proveitosa para o CN Ría de Betanzos. No descenso do Miño, en augas ourensás, un padexeiro do clube, Joaquin, en Cadete K1, fíxose co bronce.

Na proba participaron máis deportistas da entidade betanceira, repetindo o bronce no cadete K2 o tándem formado por Antón e DIego. Na mesma embarcación, pero en veteranos, Adolfo e Neftalí conseguiron a primeira posición.

Entre as féminas, o K1 xuvenil de Gema conquistou a primeira posición e Laura fíxose coa prata no senior feminino en K2.

Ademais, o clube desputou esta fin de semana tamén o campionato galego xuvenil, que se saldou co ouro para Darío en K1 200, o bronce para a parella conformada por Darío e Rubén no K2 1000, mentres que nos senior, en K1 200, Javito foi terceiro na final B, Laura 2ª en K1 500 na final B.

E na Copa estatal, en Maquinenza, o único representante do clube, Lucas Vázquez, clasificouse de 55.