O presidente do Betanzos C.F., único aspirante a presidir a ACGF

A única candidatura presentada á presidencia da Asociación de Clubes Galegos de Fútbol (ACGF) é a de Antonio Fernández Lendoiro. Vencido o pasado día 20 o prazo para formular alegacións, segundo calendario electoral establecido en Asemblea extraordinaria celebrada o día 28 de decembro de 2020, ao non haber máis candidaturas o dirixente do Betanzos C.F. asumirá a dirección desta asociación..

“Garrido” foi proclamado Presidente da ACGF en Asemblea Extraordinaria que se celebrará en Santiago de Compostela o pasado sábado. O betanceiro xa ostentaba a presidencia da entidade.