O Mandeo dá dous salmóns en apenas 48 horas

Un salmón do Mandeo. Foto de arquivo da Sociedade de Pescadores

Onte, sobre as sete da mañá, o Mandeo daba o segundo salmón desta atípica tempada de pesca deportiva. Sacouno, a cebo e no pozo do Felpete, Javier Pérez Rivas, da Sociedade de Pescadores Río Mandeo. O animal marcou 3,5 kg cos seus 72 cms. Hai catro anos, este pescador xa sacara outro dos cinco exemplares autorizados na Longarela.

Apenas dous días antes saía o campanu do Mandeo. Nesta caso sañiu a quisquilla do pozo da piscina, con 4,1 kg. O río ten un cupo de cinco salmóns antes de pechar a tempada.