O infantil do Santo Domingo é equipo de Primeira

Un equipo das categorías interiores do Santo domingo. Foto do clube

Venceron e convenceron os infantís do Santo Domingo ante o Porriño Basket Base, por 47 a 67. A victoria serviu para selar o pase dos betanceiros á Primeira División. E iso que o encontro comezou con pouco acerto nos primeiros minutos por ambos os equipos. Rapidamente os visitantes empezaban a coller distancia no marcador cunha moi boa defensa e un xogo que permitía anotar con certa comodidade para deixar o primeiro cuarto nun 5-20.

No segundo cuarto un menor acerto, no peor día dos betanceiros no tiro exterior, pero cunha gran defensa outra vez, permitía que ese cuarto rematase cun resultado máis axustado cun 9-11, chegando así ao vestiario cunha vantaxe de 17 puntos.

Tras o paso polos vestiarios o Porriño subiu o ritmo e o Santo Domingo saía un pouco relaxado, permitindo que Porriño se situase a 11 puntos. Unha distancia que non deixaron rebaixar os brigantinos, que volveron ao seu bo ritmo de partido e o seu traballo en defensa para gañar o cuarto definitivo de 9 e deixar o marcador no 47-67 final.

Con esta vitoria o equipo tiña moi preto o ascenso, pero coa vitoria de Branco Amor sobre Seis do Nadal fai que o equipo quede matematicamente no primeiro posto do grupo, o cal certifica o ascenso directo a liga galega sen necesidade de cruces.