O Han’ s Horang-I tráese tres medallas no “mundial” de Pyeongchang

Un podio do Han’ s Horang-I en Pyeongchang. Imaxe do clube

O club Han’ s Horang-I de Betanzos logrou callar unha excelente actuación no Yongpyeong Dome de Pyeongchang, unha cita que pasa por ser o mundial oficioso da súa disciplina na que tomaron parte 4779 deportistas.

Na competición celebrada desde o pasado día 26 de xullo o clube betanceiro conseguiu tres medallas, dúas de prata e unha de bronce. O equipo formado polas galegas Ana Llin Shin Veiga, Jessy Sun Shin Veiga e Vladimir Zaparov conseguiu colgarse a medalla de prata na modalidade trío de Poomsae creativo.

O mestre Seung Han Shin Jang acabou coa medalla de prata na arte marcial Poomsae, mentres que a mestra Begoña Veiga Rodríguez, nacida en Irixoa (Betanzos), conseguiu o terceiro posto e con iso a medalla de bronce na categoría de Rompimiento Múltiple.