O goberno local reclama 9000 euros de IBI ao clube de piragüísmo

O porto betanceiro 

O CN Ría de Betanzos desvelou a contía do recibo que lles chegou do Imposto de Bens Inmobles (IBI) que cobra o Concello. O executivo local reclama por medio deste tributo, que xestiona por delegación a Deputación, uns 9000 euros.

O cobro reclamado é o correspondente a tres anos xuntos, 2016, 2017 e 2018. Desde a entidade sinalan que se trata de máis diñeiro do que ingresan e recoñecen que o convenio subscrito no seu día con Portos para asumir o edificio construído no recinto portuario prevía xa que os tributos serían asumidos pola entidade.