O equipo mixto do Ría de Betanzos, prata nos estatais de Tresona

A tripulación do K2 500 mixto betanceiro, Irene Lata e Darío Rodríguez, de verde. Imaxe do CN Ría de Betanzos

Nas augas asturianas de Tresona desputouse a pasada fin de semana o campionato estatal de sprint. A embarcación mixta do CN Ría de Betanzos en K2 500, formada por Irene Lata e Darío Rodríguez, fíxose coa prata.

Non foi a única vez que o clube subiu ao podio xa que o K4 2000 senior masculino de Carlos Arévalo, Iván Fernández, Marcos Cascallar e Javier Benito se fixo co ouro. Arévalo repetiu metal en K1 200 Senior.

Iván Fernández logrou tamén o ouro en K1 500 Sub-20 e a prata en K1 200, tanto en Sub-20 como Sub-23. Irene Lata logrou o bronce en K1 500 Junior, ouro en K1 500 Sub-17 e outro bronce en K1 200 Sub-17, sendo a competidora que máis medallas conquistou na proba de entre a delegación betanceira. Gema Alonso logrou tamén a prata en K1 1000 Sub-17.