O domingo 11 será a XIX Carreira Popular

Unha carreira ao seu paso pola Porta da Vila

Cinco quilómetros de percorrido, atravesando seis pontes, con saída e chegada da proba na praza da Constitución. É a proposta do clube As Vellas non Paramos para a XIX Carreira Popular de Betanzos.

Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición das persoas participantes no Pavillón Municipal do Carregal. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

As inscricións poderán facerse ata o xoves 8 de agosto ás 23:59 horas no web Carreiras Galegas.