O Concello de Miño anuncia comeza a renovación do céspede do campo de fútbol

O Concello de Miño anunciou onte o comezo a renovación do césped do campo de fútbol de Gallamonde financiado pola Deputación Provincial da Coruña. Procedeuse xa ao levantamento da herba, que será sustituída por material artificial. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, acudiu esta mañá xunto a Catalina Morado, concelleira de Cultura; José Manuel Pantín, edil da área de Deportes; Elena Lage, concelleira de Medio Ambiente e Agustín Sanz, edil de Obras, ata o lugar para supervisar as actividades, que avanzan a bo ritmo.

Alí déronse cita con algúns integrantes da directiva da A.D. Miño. Prevese que as instalacións poidan usarse para o comezo da nova tempada, que aínda está no aire. “Supoñerá unha revolución en canto a custos de mantemento, pero tamén a nivel de usabilidade. Por fin podemos gozar en Miño e unha infraestrutura que levabamos moitos anos demandando, como o é un campo de fútbol acorde á categoría das deportistas e os deportistas de Miño”, apuntou o alcalde.