O complexo deportivo do Carregal suspende as clases de pilates pola nova normativa anticovid

Piscina municipal cuberta. Imaxe do Concello

O complexo deportivo do Carregal comunicou a suspensión das clases de pilates ao fío das novas restriccións decretadas pola Xunta para pór freo ao avance da pandemia de covid19. Avanza que os usuarios afectados terán garantida a súa praza cando decaian estas medidas.

Polo demais, recorda a obrigatoriedade do uso de máscaras súas instalacións en todo momento, agás dentro da auga. Pide ao público que acuda ás instalacións que leve unha bolsa plástica co seu nome cando acceda á zona da piscina.