O clube Han´ s Horang-i de Betanzos recibiu o recoñecemento por parte do Hall of Fame

O clube Han´ s Horang-i de Betanzos recibiu o recoñecemento por parte do Hall of Fame, unha organización de Arxentina que cada ano presenta o seu edicción en revista e medios de comunicación. A súa misión é recoñecer a todos aqueles artistas marciais que traballaron arduamente no ambiente marcial, xa sexa na difusión, competencia ou decencia.

“Hónranos moito que nos valoren desde Arxentina con este prestixioso mérito, onde valoraron o traballo dos Mestres do Club Han´ s Horang-i de Betanzos: O Mestre Seung Han Shin Jang, cun 7º DAN outorgado pola KUKKIWON de Corea de Sur e examinado, un dos poucos Taekwondistas de España que ten este título examinado, e a Mestra Begoña Veiga Rodríguez cun 5º DAN outorgado pola Federación Española, despois de pasar o exame, leste é o último exame que se realiza en España, a partir de aí son outorgados, só habería exame pola kukkiwon” destacan.

Neste mérito destacan os nosos curriculums e todo o traballo e méritos realizados durante este ano que pasou 2020.
Moitas grazas ao Mestre Juan Martín Álvarez pola súa traxectoria longa e frutífera nesta organización polo labor que desempeña e por dar honra ás artes marciais todos os días da nosa vida ata hoxe polo noso traballo e camiño.
O camiño da Honra e respecto de Taekwondo.