O Clube Ciclista cancela o campionato junior previsto para o 18 de xullo

Ciclistas ante o Pasatempo. Foto do Club Ciclista

O Clube Ciclista anunciou nas súas redes sociais a cancelación do Campionato Galego de Fondo na estrada para categoria Junior, que ía ter lugar en Betanzos o vindeiro día 18. A entidade anuncia a cancelación da proba ciclista “con moita pena” e por “responsabilidade”.

“A actual situación sanitaria, con continuos rebrotes da Covid en distintos puntos” xunto con que a proba congregaría a moitos equipos ciclistas do noso país e máis de Asturias, País Vasco e León, “que sen dúbida arrastrarían a Betanzos unha gran cantidade de público, leváronnos a tomar esta decisión”.

“A pesar de ter xa todos os permisos presentados, e os rutometros listos, cremos que é mellor esperar a que esta pandemia mellore e poñémonos ao dispor da Federacion Galega de Ciclismo e a súa Comisión Delegada, para futuras decisións” engaden.